Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Martínez Pereiro, Carlos Paulo (2003)
"Do carácter transitivo da literatura e da plástica... (... E mais da cor nunha narrativa de Lois Pereiro)"
En Maria do Amparo Tavares Maleval e Francisco Salinas Portugal (orgs.).
Estudos Galego-Brasileiros: pp. 295-326.
Rio de Janeiro: H. P. Comunicação.

Estudo da obra de Lois Pereiro a partir da dialéctica entre literatura e plástica. O autor comeza por reconstruír brevemente a historia das relacións entre escrita e imaxe na arte occidental, para despois proxectar focos de análise relacionados coa produción de Lois Pereiro. Con interese específico pola presenza e a funcionalidade da cor en Náufragos do paradiso, a novela inacabada de Pereiro dada a coñecer na revista Luzes de Galiza despois da súa morte. No artigo, para alén, explóranse os vínculos entre a obra do pintor Antón Patiño e a do poeta monfortino, e reconstrúese esquematicamente a rede intertextual que fundamentou a poética de Pereiro, con protagonismo destacado para escritores como Thomas Bernhard ou Paul Celan.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org