Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (2003)
"Álvaro Cunqueiro: tres poemas en catalán e unha carta en galego a Tomàs Garcés"
En Jordi Cerdá, Víctor Martínez-Gil e Rexina R. Vega (eds.).
Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas. Actas: pp. 11-29.
Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.

Xesús Alonso Montero revisa neste artigo a relación literaria entre Álvaro Cunqueiro e Tomàs Garcés, relación que data de 1934 e na que o catalán exerceu de "diccionario vivente" do galego.

Alonso Montero recorda que xa no "Inquérito" de Xosé Filgueira Valverde (1935) figuraban dous textos en catalán de Cunqueiro. O terceiro texto, incluído nunha carta a Garcés (1936), coincide cunha versión en galego publicada no opúsculo Nenia. Tres pequenas versiós tristes de Rosalía de Castro, Antonio Nobre, Enrique Heine.

Nun apéndice, o autor engade datos e datas relevantes do "galaicismo" de Garcés: 1920, á sombra de Vicente Risco, e 1954, publicación e tradución da breve escolma de poesía galega editada polo catalán (Deu poemes gallecs).

Finalmente, o estudoso reproduce os textos aos que alude no artigo (poemas en catalán de Cunqueiro, cartas de Cunqueiro a Tomàs Garcés e a Xosé María Álvarez Blázquez, portada e dedicatoria de Deu poemes gallecs).

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org