Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (2010)
"Luciano Puga Blanco, avogado defensor de Curros Enríquez, traduciu mal ó poeta para defendelo ben"
En Xoán Carlos Domínguez Alberte (coord.).
En defensa do Poleiro: a voz dos escritores galegos en Celanova reclama o uso público do mosteiro: pp. 21-23.
Noia (A Coruña): Toxosoutos.

O artigo de Xesús Alonso Montero alude á condena recibida por Manuel Curros Enríquez tras a publicación de Aires da miña terra e á defensa que do poeta fixo Luciano Puga Blanco na Audiencia da Coruña. Tal e como demostra o autor, a defensa baseouse nunha tradución manipulada dos versos de Curros Enríquez para que ofrecesen "unha imaxe de Deus moi pouco negativa, case ortodoxa". Con este traballo, Alonso Montero participou na reclamación do uso público do mosteiro de Celanova.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org