Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Valcárcel, Xesús M. (1993)
"Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 9, pp. 159-164.

O autor postula unha reconsideración sobre o valor e actualidade da alegoría como fundamento poético. Explica a evolución da súa obra e a comprensión global da mesma como desenvolvemento dunha poética do coñecemento a partir non tanto da lóxica racional coma da intuición, unha poética orientada a declarar un itinerario sentimental. Neste sentido afírmase no sentimentalismo e nunha transcendencia humanista e cósmica da arte. A autopoética acompáñase dunha selección de textos poéticos, reunidos baixo a epígrafe "Murallas". 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org