Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Moure, Erín (2008)
"D’ailleurs, la page"
(24/04/2008).
Inédito.

Texto inédito dun relatorio lido por Erín Moure o 24 de abril de 2008 no Rencontre International des Écrivains à Montréal. Nel preséntanse unhas consideracións sobre o acto da escrita poética vinculado coa práctica profesional da tradución e afectado, xa antes, polo coñecemento, profundo ou parcial, doutras linguas diferentes á que vehicule a expresión poética nun momento dado. O referente inmediato é a publicación por Moure dun libro de poemas en lingua inglesa ao que puxo un título en galego, O Cadoiro (Toronto, Anansi Press, 2007). A autora sinala que as palabras, os signos e os sons que proveñen doutros lugares manteñen unha relación material e asemade inmaterial cos signos da lingua (máis) propia, activan unha rede de conexións entre un aquí e outra parte. A páxina e o corpo confórmanse deste xeito como escenarios simultáneos desa dialéctica nunca adiábel ou evitábel. Esta é unha consideración sobre a experiencia persoal da escritura, pero Moure suxire unha proxección dobre que alcanzaría todo acto de linguaxe e mesmo todo vínculo individual cos signos da lingua propia. Introducindo nalgúns momentos da argumentación palabras en galego, reclámaas para expresar a vivencia dunha fenda interior igualmente constitutiva dunha distribución espacial e moito máis que espacial entre o "aquí" e o "noutro lugar". Unha fírgoa que sustenta a percepción dunha identidade e así mesmo o significado do que comunicamos como enunciadores e enunciatarios. Todo o sentido do dito, en realidade proveniente dos lugares outros respecto ao aquí directamente experiencial.

 
moure_2008_ailleurs.pdf (.pdf 1.0 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org