Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Rodríguez Fer, Claudio (2001)
"A cabeleira"
52 segundos





Descrición: Gravación pertencente ao volume Poetas e narradores nas súas voces, coordinado por Luísa Castro e publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2001).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Observacións:

A CABELEIRA (FRAGMENTOS)

Eu nacín nun país verde fisterra que vagou errante tras mandadas de vacas.

Incerto fillo son das tribos móbiles que só se detiveron cando se lles acabou o mundo.

Non teño outras raíces que as da espora nin outra patria habito que a do vento.

Síntome da estirpe daqueles pobos nómades que nunca se constituíron en estado.

O noso espírito coñeceu o abismo e o sentido telúrico do entorno natural.

A nosa historia é a dun pobo que perdeu o norte e se confundiu cos bois.

Pero eu recuperei o norte no medio do naufraxio fluíndo sensualmente da cabeleira da lúa.

E a inmensa cabeleira é labirinto no que soamente falo a quen eu amo.

 

[A boca violeta. Barcelona: Sotelo Blanco, 1987]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org