Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Seara, Teresa (2006)
"Verso espiral (nove calas na poesía de Miguel Anxo Fernán Vello)"
En Antonio Domínguez Rey (ed.).
Presenza do poema: pp. 91-106.
Culleredo (A Coruña): Espiral Maior.

Temática, símbolos e pragmática lírica na produción, en dúas etapas sinaladas pola autora, de Miguel Anxo Fernán Vello ata 2004: Do desexo en corpo e sombra (1984), Seivas de amor e tránsito (1984), Memorial de brancura (1992), Livro das paisaxes vivas (1985), Entre auga e fogo (Cantos da terra posuída) (1987), Poemas da lenta nudez (1994), As certezas do clima (1996), Territorio da desaparición (2004) e Capital do corpo (2004). Utilízase o símbolo céltico das nove ondas para estas lecturas críticas apoiadas nas seguintes claves: o desexo, o corpo, a brancura e a sombra, a terra, a patria, a cidade, a queimadura, a denuncia e outra volta o corpo. Ao tema inicial do desexo erótico seguen outros existenciais e telúricos: paisaxe como cosmos e patria; presenza dos catro elementos primordiais (auga, terra, aire e fogo); procura da patria na historia e na vivencia íntima do poeta. O eu lírico vai do individual ao colectivo, adoptando en ocasións a actitude dun oráculo. Os últimos libros ofrecen a temática e a perspectiva urbana do eu, con novos símbolos e un léxico caracterizado pola violencia dos contrarios. Afortálanse o ton elexíaco, a metapoética e o compromiso, e recupéranse o erotismo e o telúrico.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org