Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

No ano 2001, a editorial Espiral Maior cumpre a súa primeira década de vida e, celebrando este feito, xa de por si relevante, análizase o papel xogado por ela nestes anos, a súa consolidación no mercado, a traxectoria ascendente da súa oferta, así como a acollida crítica da propia empresa e das obras por ela editadas. Malia a vinculación inicial exclusiva co xénero poético (do cal acada o meirande catálogo editorial da nosa historia literaria), a diversificación da súa oferta permite un percorrido polas distintas coleccións que foron vendo a luz co anagrama do selo e que, para unha maior clareza, se engloban cos epígrafes de poesía (“Poesía”, “A Illa Verde”, “Alba Longa”, “Auliga” e “Opera Omnia”), ensaio e estudio (“Ensaio”, “Didáctica”, “Novo Prelo”, “Historia e Documentos”), narrativa e outras coleccións (“Imaxes no tempo”, “Visual”), publicacións fóra de colección e edicións especiais. O artigo complétase co catálogo de obras publicadas entre 1991 e 200, onde se percibe o avance dinámico na edición e o movemento ascendente dunha voz en espiral.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org