Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Reflexión sobre a función e o lugar da poesía nas sociedades contemporáneas, con referencia á situación de Galiza a comezos da década de 1990. No artigo, que foi lido por Ramiro Fonte no coloquio "Palabras no tempo", organizado polo Colectivo Nacionalista Alén Nós (30 de maio de 1991), elabórase un repaso dos distintos conceptos da poesía e do poeta elaborados no romanticismo e na modernidade, para acabar postulando unha axioloxía particular axeitada ao espazo galego en tanto literatura periférica. A proposta de Fonte pasa pola defensa da poesía como acto creativo e como reforzo do pacto cos seus destinatarios, pola revalorización do xénero como discurso moral e, finalmente, pola apertura da poesía galega á pluralidade, á reflexión, ao debate e á relación con outros sistemas poéticos, tamén como estratexia para superar as carencias percibidas nos ámbitos institucional, intelectual e da sociedade civil.

 
fonte_1992_dialogo.pdf (.pdf 2.8 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org