Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Requeixo, Armando (1996)
"A tradición romancística galega: a figura de Aníbal Otero"
Boletín Galego de Literatura: 15-16, pp. 47-76.

Estudo da achega de Aníbal Otero ao estudo da romancística en Galicia, contribución datada entre finais dos anos 20 e comezos dos 30. Ábrese o artigo cunha panorámica dos estudos desta temática feitos en Galicia (e non só, tamén no ámbito ibérico) desde o século XIX, coa intención de facilitar a comprensión da importancia da obra deste autor. Logo desa panorámica e duns apuntamentos bio-bibliográficos sobre o autor publícanse 25 textos cunha mínima nota contextualizadora (informante, lugar, data, versións manexadas) clasificados nos apartados de: Romances épico-literarios, bíblicos e clásicos, de cativos, de amor fiel e alén da morte, de mulleres desgraciadas, de mulleres fatais, de asunto vario, relixiosos e oracións expiatorias e petitorias. Aclárase que se escolleron estes textos como exemplos dese labor compilatorio de Aníbal Otero en función da súa especial calidade literaria e peculiaridade lingüística.

Bibliografía secundaria sobre:
Arquivo do Seminario Menéndez Pidal; Seminario de Estudos Galegos; Época Nós; Almeida Garret; Milà i Fontanals, Manuel; Aguiló Fuster, Marià; Menéndez Pidal, Juan; Menéndez Pidal, Ramón; Goyri, María; Murguía, Manuel; Saco y Arce, Juan Antonio; Valladares, Marcial; Tobío, Lois; Pardo Bazán, Emilia; Braga, Teófilo; Lorenzo, Xaquín; Machado, Antonio; De la Iglesia, Antonio; Leite de Vasconcelos, José; Carré Aldao, Uxío; Hervella Courel, Alfonso; López Cuevillas, Florentino; Risco, Vicente; Rodríguez Martínez, Amador; Fernández Hermida, Vicente; Blanco, Domingo; Padre Oviedo; Fernández, Alejo; Said Armesto, Víctor; Martínez Torner, Eduardo; Bal y Gay, Jesús; Couceiro Freijomil, Antonio; Bouza Brey, Fermín; Sampedro y Folgar, Casto; Fraguas Fraguas, Antón; García de Diego, Pilar; Álvarez Blázquez, Xosé María; Moure Mariño, Luís; Fernández Oxea, Xosé Ramón; Rielo Carballo, Nicanor; Sixirei Paredes, Carles; Rico Verea, Manuel; Carré Alvarellos, Lois; Schubart, Dorothé; Santamarina, Antón; Moldof, Xulia; Cano, Ana María; Fernández Insuela, Antonio; Forneiro, José Luis; Otero, Aníbal; Navarro Tomás, Tomás; Rodríguez Fer, Claudio; Esmoriz; Daidiña; Atlas Lingüístico de la Península Ibérica; Romanceiro Popular Galego de Tradizón Oral; Cuestionario del Folk-lore Gallego; Cancionero Popular Gallego; La Ilustración gallega y asturiana; El Eco de Galicia; Galicia; Boletín de la Real Academia Gallega; Romania.
 
requeixo_1996_otero.pdf (.pdf 1.8 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org