Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Villar, Miro (2009)
"Hai poesía como area" [recensión da reedición do libro de Modesto Fraga Mar de ausencias, 2009]
Grial: 184, pp. 110-111.
Revista.

Contrástase a edición princeps, premio Francisco Añón en 1998, e esta reedición, xustificada no limiar "Dúas palabras do autor" que detalla os avatares. Saliéntanse as mudanzas enormes nos paratextos e na estrutura. Alúdese á forte presenza épica do mar, ao ricaz léxico mariñeiro e á eficacia e sinxeleza expresiva, deixando atrás anteriores barroquismos do autor. Logo os versos deshumanízanse, céntranse na paisaxe e rematan en testemuños de homenaxe. A enunciación substitúe a autorreferencialidade pola invocación da segunda persoa ou polo plural nós, coa morte e a dor a integrarse na voz colectiva. A pulsión do amor e o erotismo completan esta miscelánea estrófica que mestura formas tradicionais co minimalismo.

Bibliografía secundaria sobre:
Fraga, Modesto; Mar de ausencias.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org