Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Méndez Ferrín, X. L. (1992)
"Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 7, pp. 149-154.

O autor sinala o seu convencemento de estar a escribir desde os inicios da súa dedicación á escrita un único texto-relato que se nutre de si propio e doutros moitos de autorías plurais e diversas, entre as cales non experimenta a necesidade de estabelecer xerarquía ningunha de relevancia, pois comenta que todo lle interesou como lector ou espectador ao longo da súa vida. Incide no seu interese case exclusivo polo poema, o conto e a crítica literaria. Tamén anota que noutra etapa chegou a sentir desprezo pola novela como xénero, impresión e xuízo xa superados. Finalmente, sinala non pensar nunca na satisfacción dun público concreto ou ideal e subliña que os seus referentes teóricos básicos e permanentes no ámbito das ideas son Marx e Sartre. A autopoética vai seguida por un corpo de cinco poemas que posteriormente incorporaría ao libro Estirpe (1994): "Buscalque", "Despedida a Castro Leboreiro", "En las orillas del Sar", "Quai des Brumes" e "Sorga". 

Bibliografía secundaria sobre:
Méndez Ferrín, X. L.; Sartre, Jean Paul; Marx, Karl.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org