Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Pozo Garza, Luz (1989)
"Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 2, pp. 129-132.

A autora recupera íntegro o texto de presentación do seu libro Códice Calixtino (1986) e sitúao como pórtico da serie poética "Consagración de Trasalba". A proposta central desenvolvida procede da convicción de que o labor poético consiste nunha achega de luz ou claridade que se vén sumar a toda a poesía anterior, á poesía do mundo ou "poema total", segundo a mención de Pozo Garza. Dese xeito, a poesía enténdese como a clarificación da idea na conciencia. A isto engádese a comprensión da poesía como ofrenda e como vieiro propicio para un coñecemento trascendente do suxeito e do mundo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org