Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Valcárcel, Xulio L. (1998)
"Notas para unha autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 20, pp. 145-147.

O autor declara a insuficiencia dunha aproximación teórica ao fenómeno poético e manifesta o seu firme convencemento sobre a importancia da dimensión alóxica, intuitiva e vivencial da poesía. Isto non contradí unha aposta pola poesía como vía de coñecemento, como acceso ao non evidente para esclarecelo e facer así cognoscíbel o escuro ou non inmediato á razón. Concrétase a partir destas chaves unha concepción ampla da palabra poética que abranguería tamén a súa circulación social por mediación do canto. Porén Xulio L. Varcárcel deixa ver con claridade as súas reservas sobre a clase de produtos poéticos realmente difundidos dese xeito polas industrias culturais e os medios de comunicación de masas na modernidade e na posmodernidade. A mellor poesía sería para Valcárcel a que fai converxer sentimento e pensamento e logra facelo a través dunha linguaxe sinxela, trémula e fráxil, lonxe do artificio e dos excesos elocutivos doutras formas literarias.

Con fundamento nestas ideas o poeta presenta a serie "Prisma con frecuencias" e explica as razóns que o conduciron a empregar nesta ocasión o poema en prosa.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org