Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Graña, Bernardino (1992)
"Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 8, pp. 187-190.

O poeta expón a súa comprensión da poesía como re-ligazón entre o ser humano, o inmediato a el e todo o que o transcende nalgún sentido e resulta así inexplicábel ou inefábel. A poesía é tamén manifestación do asombro perante a vida e o mundo. Con todo, ese abraio non abrocha de xeito puramente efusivo ou natural. Sométese de xeito necesario á forma, ao ritmo, ao oficio poético que elabora e tece para lograr así o canto "tecido" que chamamos texto e que é trasunto sempre dunha verdade sentida coa razón e asemade co corazón. Acompaña á autopoética a composición "No misterio de Nerga - Cabo Home. Con Manuel Coia, Mariñeiro-Escultor-Deucalión", que pode lerse como correlato interartístico da concepción previamente exposta sobre o feito poético.

Bibliografía secundaria sobre:
Graña, Bernardino; Platón; Coia, Manuel.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org