Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

VV. AA. (2008)
"XMAB. Unha sombra polas eiras"
Galicia Hoxe. "Revista das Letras": 718, (17/05/2008). pp. 1-20.

O monográfico dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez, homenaxeado nas Letras Galegas do 2008, inclúe textos de diferente perfil. Tras unha introdución con algúns apuntamentos sobre a súa figura, titulada "XMAB. Unha sombra polas eiras", ofrécense distintos artigos escritos ora desde a proximidade vital ora desde a proximidade crítica, que se ocupan de informar sobre a súa biografía e actividade editorial, epistolar, xornalística e literaria. As achegas van asinadas por Darío Xohán Cabana, Miro Villar, Manolo Bragado, María Dolores Cabrera, Xavier Rodríguez Baixeras, Manuel Forcadela, Carlos Callón, Celso Álvarez Cáccamo e Xosé María Álvarez Cáccamo. Este último artigo pecha a publicación informando das actividades e produción aparecida en torno ao autor homenaxeado, cunha listaxe de nomes do ámbito cultural que sobre a súa obra e figura se pronunciaron. Alén das fotografías do autor, o deseño do monográfico inclúe debuxos de Berta Cáccamo encabezando a maioría dos textos.

O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.

 

Bibliografía secundaria sobre:
Álvarez Blázquez, Xosé María.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org