Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Nogueira, María Xesús (2003)
"O periplo de María" [recensión do libro de María Reimóndez moda galega, 2002]
Grial: 158, pp. 113-114.

Comézase anunciando o contido xeral do poemario: unha visión da muller a partir dun percorrido polos escaparates da cidade de Vigo. Fálase das seccións en que se divide a obra, vencelladas á temática da moda, e anótase a explicitude do paratexto da contracapa. Como motivos destacados cítanse: a ditadura do consumo, o comercio (in)xusto, a relación moda-identidade, ou a escravitude do culto ao corpo, entre outros. Menciónase tamén a procura da desautomatización, da ironía e da oralidade, nun convite a lela como unha das voces máis representativas da poesía dos 90.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org