Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Antoloxía conmemorativa do décimo cuarto Festival da Poesia no Condado, convocado sob o lema "Insubmissom!", e celebrado en setembro de 1994 en Salvaterra de Miño. O prefacio do volume foi realizado por Roberto Vidal Bolaño. En "Insubmisión, unha actitude ante a vida", valéndose da metáfora do paso militar, o autor defende a necesidade dos exercicios conscientes e responsábeis de liberdade, entre os que sitúa a poesía ou a propia celebración da Festa da Poesia. A nómina de poetas que integran a antoloxía está conformada por Ramiro Fonte, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Pato, Marta Dacosta, Margarita Ledo, Francisco Souto, Rafa Vilhar, Xosé Vázquez Pintor, María do Carme Kruckenberg, Xoaquín Agulla Pizcueta, Pilar Pallarés, Xabier Cordal Fustes, Xabier Rodríguez Baixeras, Ana Romaní (Galiza); Amadeo Baptista, José António Gomes, Vergílio Alberto Vieira, José Manuel Capêlo (Portugal); Luís Carlos Patraquim (Moçambique); Miquel-Lluís Muntané (Paisos Cataláns); Xabier Ganzarain e Harkaitz Cano Jauregi (Euskadi).

Metadatos: Festival da Poesia no Condado; Fandiño, Luz; Branco, Laura; Fernández, Alicia; Xulia María; Negro, Carlos; Neves, Kiko; Novoneyra, Branca; París, Samuel L.; Quiroga, Carlos; Ribeiro, Elvira; Rodríguez, David; Solla, Calros; Solleiro, Samuel; Gomes, Tiago; poesía e compromiso; poesía e política; poesía e oralidade; SCD Condado.

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado. Para a incorporación deste volume foi imprescindíbel tamén a colaboración de X. Carlos Hidalgo e Nadina Bértolo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org