Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Estudo da poesía galega de Álvaro Cunqueiro que percorre o conxunto da súa produción. De Mar ao Norde (1932) salienta o carácter vangardista e reconstrúe o contexto literario no que xurdiu a obra, antendendo principalmente á influencia de De catro a Catro, de Manuel Antonio, e de La deshumanización del arte, de José Ortega y Gasset. De Cantiga Nova que se chama riveira (1933) estuda tamén o contexto no que xorde a corrente coñecida como neotrobadorismo, e a combinación de métrica tradicional e imaxe vangardista que Cunqueiro leva a cabo. Poemas do si e non (1933) é abordado como un libro que incorpora libremente elementos de todos os ismos. En Dona do corpo delgado (1950) atende ao clasicismo e á influencia da tradición medieval, e de Herba aquí e acolá (1980) sinala a presenza de tendencias moi variadas, a reflexión sobre os problemas humanos e a recreación de temas artísticos e culturais. O autor do artigo ocúpase ademais do folleto con traducións de Hölderlin aparecido en 1950, da separata bilingüe Crónica de la derrota de las naciones (1954) aparecida na revista Altántida, e da segunda edición de Cantiga nova que se chama riveira (1957).

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org