Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Dupláa, Cristina (1986)
"Rosalía de Castro y el Rexurdimento gallego: posibles conexiones con la Renaixença catalana"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 413-418.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Apúntase que o Rexurdimento e a Renaixença son a consecuencia da necesidade de dar a coñecer a lingua, a literatura e a historia das diferentes nacionalidades do Estado español durante o século XIX.

Segundo Cristina Dupláa, elevar o galego e o catalán a rango de lingua de cultura é o elemento central do discurso nacionalista en Rosalía de Castro e en Bonaventura Carles Aribau. Os dous poetas, xunto coa celebración dos xogos florais en Galicia e Cataluña, inauguran dúas correntes artístico-literarias inseparables do galeguismo e catalanismo ideolóxico, cultural e político. As diferenzas discursivas entre o Rexurdimento e a Renaixença estarán no aspecto social, pois a maioría dos románticos cataláns non viron a necesidade do compromiso político.

 
duplaa_1986_rosalia.pdf (.pdf 564 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org