Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Juana, Jesús de (1986)
"El Heraldo Gallego de Lamas Carvajal e Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 371-380.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Dáse a coñecer, a través do xornal ourensán El Heraldo Gallego, a relación mantida entre Valentín Lamas e Rosalía de Castro. Ademais de ocuparse da intensa carreira literaria e periodística do seu fundador, propietario e director (Valentín Lamas), Jesús de Juana analiza El Heraldo Gallego e indica o que representou para Galicia. A propósito dos colaboradores, estúdanse os traballos enviados por Rosalía de Castro entre 1874 e 1880 e explícase a longa paréntese de tres anos debida á polémica entre V. Lamas e Manuel Murguía.

O estudoso reflexiona sobre a controversia e chama a atención sobre a relevancia de Ourense para o Rexurdimento e sobre o pouco valor outorgado a figuras como a de Lamas. Conclúese reiterando que El Heraldo Gallego foi a máxima expresión da prensa galeguista e herdeiro ideolóxico de El Porvenir, por iso o seu director se converteu no principal promotor do galeguismo e non puido faltar a firma de Rosalía.

 
dejuana_1986_rosalia.pdf (.pdf 1.0 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org