Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Tarrío Varela, Anxo (1986)
"Rosalía, Curros, Pondal: literatura e colonización"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 395-401.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Formúlase un punto de vista novo desde o que contemplar a literatura galega, sobre todo as obra de Rosalía de Castro, Manuel Curros e Eduardo Pondal e a daqueles autores que se expresaron en castelán, a partir de lecturas sobre as literaturas de países do denominado terceiro mundo que crearon unha estética de cara á liberación nacional. A pesar de ser consciente de que Galicia non responde exactamente aos modelos de colonización deses países, considérase que a literatura galega amosa xestos semellantes da mesma maneira que existe na historia de Galicia o sentimento de país colonizado.

Segundo Anxo Tarrío, algunhas das constantes destas literaturas colonizadas son: expresión fundamentalmente en rexistros líricos, modo imperativo, palabra comprometida e acusadora, valorización do propio fronte á cultura colonizadora e creación de mitos compensadores da indixencia cultural propia.

Conclúese subliñando o problema do uniformismo imposto polos países máis poderosos e interrogando sobre o futuro das culturas periféricas en España.

 
tarrio_1986_rosalia.pdf (.pdf 720 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org