Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Tres capítulos da monografía premiada co Vicente Risco de Ciencias Sociais 2010 e que xustifican o subtítulo "o nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea como simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero" a través da análise e interpretación de textos rosalianos.

No capítulo introdutorio a profesora Pilar García Negro apunta as súas teses revisionistas das taxonomías xenéricas para a literatura galega: o nacemento do ensaio no século XIX cos poemarios de Rosalía de Castro Cantares gallegos e Follas novas e, asemade, o nacemento da "cuestión da identidade feminina (...) como axial na composición literaria."

No capítulo IX exemplifícase "a cifra de toda revolución" cun poema de Rosalía.

No capítulo de conclusión García Negro reitera a idea de estudar os prólogos de Rosalía "conforme o paradigma xenérico ao que pensamos pertencen, o ensaio". Esta consideración muda a historia da literatura galega contemporánea, "no que toca á clasificación dos xéneros literarios e á súa periodización", ademais de romper "a ecuación ensaio ou discurso reflexivo=autoría masculina, co cal acaba reforzada a magna novidade de ter sido unha muller a inauguradora da modernidade galega."

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org