Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

López López, Aurora (1986)
"Para unha historia do rosalianismo: Rosalía en Gerald Brenan"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 299-306.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Alúdese ao coñecemento, xa tópico, da presenza de Rosalía de Castro en determinados autores e chámase a atención á pouca importancia que se lle concedeu ao estudo elaborado polo hispanista angloandaluz Gerald Brenan.

Aurora López analiza o traballo de Brenan e valora tres feitos: ser unha das primeiras publicacións serias sobre Rosalía en lingua inglesa, ser un libro de enorme difusión, o interese que lle dedica á poeta no conxunto dos escritores e, por último, as opinións e o tratamento que lle merecen. A estudosa tamén dedica un apartado aos aspectos peculiares do libro: as fontes, as comparacións con outros autores e a reacción da poeta galega contra a pobreza.

Conclúese reivindicando as páxinas rosalianas de Brenan, a quen tamén se lle debe a tradución ao inglés de dous poemas. 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org