Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Moure Rojas, Edmundo (1986)
"Rosalía y la nostalgia del paraíso (Rosalía en América)"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 295-298.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Preténdese coligar a nostalxia rosaliana coa morriña dun pobo secularmente exiliado como é o galego. Neste sentido lémbrase unha conferencia de Roberto Novoa Santos en Cuba e indícase que o sentimento de desarraigo encarnou en Rosalía de Castro pois foi exiliada na propia terra por mor das circunstancias do seu nacemento. A paisaxe galega acrecentaría a nostalxia da autora ata converterse en avidez de absoluto.

Por outra parte, segundo Edmundo Moure, Rosalía identificouse co sentir de campesiños, mariñeiros e emigrantes galegos. Entre estes últimos e mais entre os creadores americanos irase espallando e coñecendo a obra da poeta.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org