Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

González-Millán, Xoán (2007)
"Exilio, literatura e nación"
En Xosé Manuel Núñez Seixas e Pilar Cagiao Vila (eds.).
O exilio galego de 1936: Política, sociedade, itinerarios: pp. 763-788.
Sada e Santiago de Compostela: Ediciós do Castro e Consello da Cultura Galega.
CD-ROM.

Estudo centrado no lugar que a historia cultural e literaria galegas outorgan ao exilio de 1936 a través dunha serie de nocións habituais nos estudos do autor, como "criterio filolóxico", "normalización", "institucionalización", "nacionalismo literario", "literatura nacional", "canon", "mal histórico" e outros. Explórase como caso destacado e representativo o de Luís Seoane na Arxentina en tanto publicista, intelectual e artista. Obsérvanse en particular as diferenzas de criterio entre o galeguismo interior e os exiliados, sobre todo os do coñecido como Grupo Tortoni, respecto ao uso da lingua e en relación coa delimitación identitaria da cultura e da literatura galegas e do seu contacto coa cultura de acollida. Isto conduce á análise das relacións entre as elites culturais do exilio galego e as propias elites culturais e intelectuais rioplatenses, visto todo o anterior en perspectiva comparada por extensión a outros grupos de exiliados, como vascos e cataláns. Desa perspectiva tira González-Millán a conclusión de que o exilio galego rioplatense estivo marcado por un carácter rupturista e de querencia cosmopolita, expreso sobre todo na forma de relacionarse coa sociedade na que se integrou, nos procedementos institucionalizadores activados para o mantemento dunha "nación desterrada e silenciada" e nunha recodificación do galeguismo e da propia tradición cultural e literaria, con implicacións claras para un debate sobre o canon.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org