Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Sant’Anna, Mônica (2005)
“A Viagem n’A Espera Crepuscular –uma possibilidade de leitura”
Agália: 81-82, pp. 121-142.

Lectura de A Espera Crepuscular de Carlos Quiroga (Laiovento/Quasi, 2002) en clave de viaxe, tal como reza o subtítulo, Viagem ao Cabo Nom-1, deste libro que é a primeira entrega dunha triloxía –da que se coñece tamén o último volume-. A viaxe aparece como metáfora da aventura na escrita literaria, pois únense a narrativa, a poesía e a fotografía. Recórrese á metalinguaxe, con función de creación e de crítica, e chégase con ela á autorreferencialidade. O narrador é unha mestura dos tres tipos descritos por Walter Benjamin: clásico, romancesco e xornalista, e diríxese sempre a unha lectora implicada. A autora propón seguirmos, como lectores rebeldes, non a ruta marcada polo libro, senón a que se insinúa con espazos simbólicos: rotas interiores e rotas xeográficas, desde Santiago de Compostela a Lisboa. Fronte á introspección da narrativa chega a liberación, sobre todo gráfica, da poesía. Os poemas funcionan como paratextos, como no Concretismo modernista brasileiro. Aparece unha terceira voz: a silenciosa do fotógrafo, que se analiza desde os supostos de Rolland Barthes. A autora detense na lectura dalgunhas fotos en clave simbólica e en relación cos textos narrativos e poéticos.

 
santanna_2005_viagem.pdf (.pdf 1.1 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org