Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Tradición oral. Abadín (2010)
Lux Aeterna
1 minuto e 21 segundos





Descrición: Versión recitada por Elba Requeijo Barro, de Arca (Montouto, Abadín, Lugo), de 67 anos, recollida en Basilias (Abadín, Lugo) o 2 de xullo de 2010 por "Ollo de Vidro".

Tipo de son: Audio informativo

Formato: video

Fonte: Asociación de Escritores en Lingua Galega

Metadatos: Requeijo Barro, Elba; Menéndez Pidal, Juan.

Observacións:

Juan Menéndez Pidal foi quen iniciou o seu irmán máis novo, Ramón, no interese polo romanceiro tradicional. Juan, ademais de folclorista, foi político e poeta. O seu longo poema El pendón negro (1893) foi moi aprezado por Curros Enríquez. En 1889 o máis vello dos Menéndez Pidal publicou no Almanaque de La Ilustración Española y Americana o poema Lux Aeterna (inspirado nun idilio de Tennyson) que se converteu na súa obra máis perdurábel, pois pasou a facer parte da poesía popularizada tradicionalmente xa desde os inicios do século XX. Hoxe é coñecido na maioría das comunidades autónomas españolas e a súa expansión chegou a Porto Rico, Texas e aos sefarditas de Marrocos.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org