Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Tradición oral. Abadín (2010)
Adúltera (ó)
1 minuto e 56 segundos





Descrición: Versión recitada por Elba Requeijo Barro, de Arca (Montouto, Abadín, Lugo), de 67 anos, recollida en Basilias (Abadín, Lugo) o 2 de xullo de 2010 por "Ollo de Vidro".

Tipo de son: Audio informativo

Formato: video

Fonte: Asociación de Escritores en Lingua Galega

Metadatos: Requeijo Barro, Elba.

Observacións:

O romance da Adúltera (ó), tamén coñecido por Albaniña, é o máis popular dos romances de adulterio. O tema pode encontrarse en todo o folclore universal, sexa en prosa ou en verso. O romance hispánico acaba sempre de maneira tráxica, castigando ou facendo morrer a muller adúltera, mentres noutras tradicións o tratamento do tema é xocoso e céntrase nas burlas ao marido enganado. 

Este romance xa foi recollido nos cancioneiros do século XVI e nel inspiráronse os dramaturgos do teatro clásico español. Na actualidade é un dos temas máis difundidos na tradición oral panibérica e nalguns países entrou a facer parte do repertorio infantil malia o seu asunto non semellar apropiado para os máis novos.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org