Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Xove, Xosé (1986)
"As formas en -ra e -se na obra poética galega de Rosalía"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 133-149.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Estudo da frecuencia das formas verbais acabadas en -ra e -se para a expresión da irregularidade en Cantares gallegos. Xosé Xove analiza polo miúdo a distribución destas e outras formas verbais que tamén expresan "irrealidade", tanto no indicativo coma no subxuntivo nos dous poemarios galegos.

Conclúese que en Rosalía de Castro hai un desexo de utilizar as posibilidades de escolla entre as diferentes formas ofrecidas polo sistema verbal galego, tanto na expresión da irrealidade no indicativo coma no subxuntivo. Ademais, indícase que Rosalía defende unha concepción do galego como lingua literaria plena e apta a pesar da súa concepción contraditoria do galego (cambio de lingua e aparición de castelanismos).

 
xove_1986_rosalia.pdf (.pdf 2.0 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org