Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alúdese a unha cita de Valle-Inclán na que este salienta, entre as influencias españolas e estranxeiras do mozo Juan Ramón Jiménez, a Rosalía de Castro. Para Antonio Sánchez Romeralo, Rosalía e Bécquer están nas primeiras e nas seguintes obras do poeta español porque os dous, ao unir a inspiración da balada alemá coa poesía popular propia, situáronse na liña da fondura lírica.

Sánchez Romeralo parte da obra inédita e incompleta para estudar as influencias literarias no poeta de Moguer. Tendo en conta que a sección dedicada a Rosalía en Fuentes de mi escritura se organiza arredor de varios poemas de Follas novas que Juan Ramón traduce, o investigador analiza os poemas da galega que serven de cabeceira ao de Moguer e aborda elementos comúns: a aparición de nenos mortos e a sensibilidade arredor do infantil, o canto ao mes de maio, as penas e as sombras, a pobreza e a desilusión.

O autor termina apuntando que o romance e a asonancia de Rosalía puideron contribuír ao nacemento da asonancia e do romance en Juan Ramón.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org