Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Torres Queiruga, Andrés (1986)
"Rosalía, poeta metafísico"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 191-196.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Alúdese á universalidade de Rosalía de Castro e aos impedimentos físicos e espirituais para ser recoñecida. Como mostra da primeira, indícase que a súa obra poética e narrativa visualiza as grandes etapas nas que se constitúe a materia poética: a da fantasía vinculada, a da fantasía liberada e a da Ilustración.

A continuación Torres Queiruga explica o termo "metafísico" aplicado á poeta e que se refire ao seu modo de facer poesía e ao nivel onde afinca a súa experiencia. Tamén se apunta a profundidade temática rosaliana cuxos eixos máis fortes son a saudade e o misterio da dor e o sufrimento.  

Por último abórdase o específico da poeta: a ausencia de referencias culturais e de símbolos mitolóxicos e a presenza dos problemas da súa terra e do misterio íntimo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org