Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Baliñas, Carlos (1986)
"A recepción popular de Rosalía"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 163-177.
Universidade de Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Alúdese á recepción de Rosalía de Castro, concretamente aos xeitos de ser do escritor “popular”. Carlos Baliñas analiza o caso “crucial” de Rosalía (a súa pouca relación co gremio literario e o recoñecemento popular) e reflexiona sobre algunha cuestión teórica. Segundo o autor, o pobo sintonizaría coa poesía de Rosalía porque os asuntos dos que tratou afectaban a xente humilde. Por último, detéctanse os procedementos que manifestan e contribúen a reforzar a “popularidade” (actos e cerimonias, veladas literarias, crónicas de prensa, literatura “de evocación”, composicións musicais sobre textos rosalianos, material icónico...).

Conclúese indicando o que significa ser poeta popular: axeitarse ao pobo e, desde el, permitir achegarse ao universal poético conforme a capacidade.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org