Recensión da novela incompleta de Lois Pereiro Náufragos do Paradiso, publicada postumamente por Luzes de Galiza no seu número 28, de 1997. O crítico fai unha lectura cruzada entre esta obra narrativa e os mundos e as linguaxes que se concretaran na produción poética de Lois Pereiro. Deféndese a este respecto a idea de que a novela é unha prolongación da escrita poética anterior. Trátase alén diso dunha lectura asentada na presenza de específicos intertextos e de citas propias e alleas (Bernhard, Shakespeare, Celan, Rohmer, Genet, Döblin, Valente, Joyce...) que comparecen no relato para constituír unha discursividade audaz arredor dunha xeografía literaria moi persoal na que a cerna se sitúa na exploración (posnietzscheana, poslírica) da subxectividade cando enfrontada á destrución e á morte. Tamén ás manifestacións varias da plenitude.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org