Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Estraviz, Isaac (2003)
"Avilês de Taramancos e o Reintegracionismo"
Agália: 75/76, pp. 47-53.

Polo Día das Letras dedicado a Antón Avilés de Taramancos, ninguén, fóra de Aurora Marco, se ocupou da súa escolla ortográfica. O autor sostén que foi reintegracionista, defensor da unidade da lingua galego-portuguesa, cunha ortografía de mínimos desde Tempo no espello. No encontro poético de Amarante de 1987 e na entrevista a Manuel Forcadela en 1989, interpreta o autor que o poeta defendeu esa escolla cando afirma que a lingua dos portugueses e galegos é a mesma. Empeza o artigo coa biografía da infancia do poeta, establecendo comparanzas coa súa propia, máis miserable e apartada do estudo. Subliña o malvivir da súa experiencia na bohemia e na emigración colombiana. A imaxe máis expresiva del foi deixada por José Luis Rodríguez, que o pintou como demo sorrinte no mural de Samos. Sinala varias etapas na súa poesía e destaca a calidade léxica que tamén mantén na prosa. Termina coa reprodución da carta que lle dirixe Méndez Ferrín e que publica Aurora Marco, verbo da escora da AELG cara á UPG, que estaba en contra da unidade oficial, promovida polo ILG, do galego. Sérvelle para deostar Xosé Luís Méndez Ferrín e enxalzar Antón Avilés de Taramancos.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org