Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Ana Romaní e Anxo Quintela (2012)
"Entrevista con Daniel Salgado a propósito de Ruído de fondo"
8 minutos e 2 segundos





Descrición: Entrevista no programa Diario Cultural da Radio Galega, o día 10 de maio de 2012, co poeta e xornalista Daniel Salgado a propósito da recente publicación do seu libro de poemas Ruído de fondo (Vigo: Xerais, 2012).

Tipo de son: Audio informativo

Formato: MP3

Fonte: Páxina web de Edicións Xerais de Galicia

Observacións:

Salgado reflexiona sobre as liñas temáticas principais do libro e, a pregunta dos entrevistadores, vínculao cunha proposta colectiva de indagación sobre as relacións entre linguaxe, poesía e política, representada tamén por autores como Alberto Lema ou Mario Regueira en libros recentes, Da máquina e O silencio, respectivamente. É unha temática, no seu criterio, imposta polo tempo histórico actual. Enlázaa coa revisión política e cultural dos suxeitos individuais e colectivos, do corpo, do texto como inscrición, da impotencia de escribir neste tempo e mesmo coa tentación do silencio. Fálase tamén dos referentes e os intertextos do libro, con referencia a Dante, Hölderlin, Badiou, Ferrín, Eagleton, Darwich, Ferrín, Sachs, Ginsberg e o grupo Das Kapital, do que o autor forma parte.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org