Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Sobrino Freire, Iria (2004)
"Manifesto, identidade e planificación do repertorio: unha perspectiva intercultural"
En Anxo Abuín González e Anxo Tarrío Varela (eds.).
Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas na península ibérica: pp. 297-311.
Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

O artigo parte dunha definición teórica do manifesto como texto de intervención sobre os repertorios culturais. Neste sentido, pódese incluír entre os mecanismos de planificación cultural, ao lado de outros como a historiografía literaria. Porén, mentres a historiografía literaria está virada cara ao pasado e ten a función de canonizar repertorios, o manifesto leva a cabo unha planificación claramente proxectiva. No contexto dos sistemas galego e valenciano de preguerra, analízase o papel do manifesto no debate sobre a incorporación aos mesmos do repertorio vangardista. Pola súa condición de sistemas emerxentes, situados na fase do nacionalismo literario, nos dous existe un discurso dominante que avoga polos repertorios enxebres e opón unha clara resistencia aos repertorios importados, particularmente ao repertorio das vangardas. Paralelamente, en ambos se observa unha tendencia innovadora, que defende a introdución deste repertorio, nomeadamente a través de manifestos, como o de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, no caso galego, e o de Carles Salvador, no valenciano.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org