Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Abuín González, Anxo Uxío; Azaustre Galiana, Antonio (1986)
"Notas sobre o 'seseo' na obra de Rosalía"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 99-118.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo de Anxo Uxío Abuín e Antonio Azaustre é reflectir a distribución das grafías seseantes e non seseantes na poesía en galego de Rosalía. Con esta finalidade elabórase un corpus de palabras nas que aparecen distintas grafías, un inventario das coincidencias dunha mesma palabra coas dúas grafías nunha única obra e un inventario das coincidencias dunha mesma palabra coas dúas grafías nun só poema.

As táboas de datos permítenlles aos autores chegar a unha serie de conclusións: as dúas obras presentan un meirande número de formas en -z, as formas en -s son maioritariamente usadas nas dúas obras con correlatos en -s, non hai regularidade na distribución das grafías -s e -z e esta irregularidade é explicada polos estudosos como unha variación consciente por parte da poeta, como unha nota de estilo. Por último, indícanse outros aspectos que o corpus permitiu analizar como as vacilacións no vocalismo átono, as harmonizacións vocálicas, os plurais dialectais e a variedade na conxugación verbal.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org