Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Lorenzo, Ramón (1986)
"A lingua literaria na época de Rosalía"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: III. pp. 7-41.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Alúdese á lingua literaria na época de Rosalía de Castro e á postura dalgúns dos escritores máis representativos. En primeiro lugar, Ramón Lorenzo describe o panorama lingüístico de Galicia nos comezos do século XIX (presión do castelán dende o século XIII e perda da ocasión para a fixación no século XVI).

A continuación analízanse as obras máis destacadas do momento e atópase unha grande unidade lingüística no fundamental e acertos na escolla das solucións empregadas. Nos primeiros tempos os escritores tiveron en conta o castelán e adoptaron solucións vulgares ou imaxinarias para fuxir da semellanza con aquel. A base desta lingua literaria, a falta de tradición escrita, é a lingua falada.

Máis adiante, o estudoso dedícalle unha páxinas a Xoán Manuel Pintos porque considera que a súa lingua está a maior altura cá utilizada polos escritores posteriores.

Ramón Lorenzo conclúe que o fundamental é que todos os autores escribiron en galego e contribuíron ao rexurdimento da lingua, a pesar das súas dificultades e carencias.

 
lorenzo_1986_rosalia.pdf (.pdf 1.4 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org