Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Navas Ruiz, Ricardo (1986)
"El segador gallego: de Goya a Rosalía"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 475-480.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Despois de aludir ás distintas interpretacións do poema que glosa a copla popular "Castellanos de Castilla", inténtase situar a Rosalía de Castro dentro dunha tradición. Con todo, o poema apártase dela nalgúns aspectos (a ausencia da referencia nominal ao segador e a conversión da traxedia colectiva en persoal e íntima).

Segundo o autor, en Rosalía, o dato pintoresco vólvese dato histórico e nel fúndense a actitude afectiva, a social e a política grazas ao recurso de deixar a palabra á muller que chora a perda do compañeiro.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org