Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Rodríguez Fer, Claudio (1981)
"A poesía galega de José Ángel Valente"
Grial: 74, pp. 412-424.

Aproximación á poesía galega de José Ángel Valente que comeza cunha panorámica biobibliográfica e información sobre a recepción crítica do escritor. O estudo céntrase na relación do poeta con Galicia e, en particular, no libro Sete Cántigas de Alén (1981), do que se leva a cabo unha análise que se ocupa do conflito entre intelecto e sentimento no relativo ao paso do tempo, considerado o eixe temático da obra. O autor do artigo aborda esta como un exemplo de poesía de meditación, ao tempo que a encadra na tradición rupturista e repara na importancia das citas de Afonso X O Sabio (cantiga CIII) e de Manuel Antonio.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org