Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Fernández Belho, Pedro (1986)
"Conceito de lingua en Manuel Murguía e praxe idiomática en Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 373-381.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Trátase de explicar por que Rosalía de Castro non é a creadora do concepto do galego lingua de cultura nin a autora do renacemento da lingua galega. para poder entender a praxe idiomática de Rosalía de Castro, Pedro Fernández Belho desenvolve as liñas definitorias do discurso galeguista de Manuel Murguía que permiten establecer os perfís e a funcionalidade do seu concepto de lingua.

Aínda que Cantares gallegos é o primeiro libro do Rexurdimento galego, supón un retroceso con respecto á obra de Xoán Manuel Pintos. Isto pode sorprender por canto o matrimonio era consciente dos problemas do galego literario. Conclúese que Murguía e Rosalía quedaron ancorados nun concepto e nunha praxe idiomáticas romántico-idealistas.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org