Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Baixeras, Xavier R. (1991)
"Unha consideración sempre incompleta e provisoria"
Nordés: 15-16 (III), pp. 6-7.

O autor trata primeiro a natureza da poesía desde un punto de vista psicanalítico, como sublimación dun desexo frustrado ou fantasía que dan lugar a unha forma pracenteira. De aí o minoritario deste xénero literario. Nin a psicanálise nin a crítica textual explican totalmente como funciona a comunicación entre poeta e lector, nin a través de que tipo de linguaxe se realiza máis certeiramente. Como preferencias persoais, Baixeras cita o valor das imaxes poéticas como coñecemento da realidade e o desinterese polos símbolos absolutos, o sentencioso, a poesía culturalista ou a metapoesía. Escolle, porén, unha poesía de sensacións que de maneira fragmentaria conteñan capacidade evocadora. O símbolo xenérico da súa poesía é a decadencia do eu e do que o arrodea, antes da disolución total. Finalmente, valora o poema de suficiente elaboración técnica, pois non hai inspiración posible sen traballo continuo.

Ideas autopoéticas en "Sete Poetas Galegos", monográfico dedicado a creadores dos 80.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org