Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Ramón Piñeiro lembra a especial recepción que el, canda Ánxel Fole, tivo dos poemas de Luís Pimentel, pois este lles lía os versos a medida que ía compondo un libro que pensaban editar o Día de Galicia de 1936, coincidindo con outro de sete contos de Fole. Ambos quedaron sen saír do prelo a causa da guerra civil.

Ler os poemas de Pimentel é para Ramón Piñeiro relembrar a súa voz e a súa "presencia espiritual". O texto informa da data de coñecemento de ambos, 1933, e da idea xurdida nesas xuntanzas de se incorporaren Ánxel Fole e Luís Pimentel á literatura galega. Aparece no número de "Homenaxe a Luís Pimentel".

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org