Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (2011)
"Prólogo bastante innecesario (Limiar que non cómpre moito)"
En Jaime Moreda Santamaría.
Pequeños poemas desesperados: pp. 9-11.
Raleigh: Lulu.

Primeiro dos dous limiares do libro de poemas de Jaime Moreda Santamaría Pequeños poemas desesperados, que incorpora textos en linguas castelá e galega, esta última menos representada que aquela. O limiar de Alonso Montero é así mesmo bilingüe e céntrase en sinalar o seu coñecemento e trato do autor en Ribadavia, así como a súa proximidade en tanto escritor cunha musa anarquizante, o que talvez explicaría algunhas decisións autoriais sobre a disposición do corpo de poemas, a alternancia lingüística no libro e o seu afastamento da vida literaria en xeral. Alonso Montero indica ademais que Moreda non é poeta de poetas nin de moitas lecturas, se ben algunhas destas son tan relevantes como a de Valente. Fronte a esa cultura de carácter libresco en Moreda imporíase unha poética de xorne machadiano, a de quen vive e escoita o seu corazón.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org