Apoiada en citas de versos, maioritariamente en galego, de Tomás Barros, a autora comenta o desacougo existencial presente na maneira de o poeta sentir o amor e a soidade. Alude ao xuízo crítico de Miguel González Garcés para referirse a como Tomás Barros resolve esa problemática conflitiva a través da estética. Apunta ao expresionismo co que o poeta comunica as causas "innombrables" do medo, e á súa capacidade para enlazar mitos a través dos cales, a xuízo da autora, é posible chegar a Deus. Aparece do número de homenaxe a Tomás Barros.
[É reedición dun artigo publicado en La Voz de Galicia (09/10/1986) co gallo do pasamento de Tomás Barros]
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org