Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Vaqueiro, Vítor (2005)
"Do hendecasílabo ao autorretrato"
Grial: 165, pp. 46-55.

O traballo enmárcase no dossier Autor, autoridade, identidade(s), coordinado por Arturo Casas. Presenta unha consideración reflexiva sobre unha poética multiartística (narrativa, poesía, fotografía) que se define como materialista ou non idealista e que se configura arredor do tempo e da memoria, da morte e tamén da maxia e dos mitos e lendas asociados á realidade histórica. O autor revisa a súa traxectoria creativa como poeta e como fotógrafo e estabelece correlatos coa vida propia e coas invencións e fabulacións posteriores incorporadas a relatos e novelas de seu, como O soño dirixido, Os nomes da morte e Os xenerais de África. Neste contexto, Vaqueiro detalla algunhas das características do seu metaproxecto fotográfico, referido como unha (Foto)(Auto)(Bio)(Grafía), en relación co cal o artigo escolma algunhas fotografías que son comentadas e relacionadas coa produción poética e narrativa propia. Unha orientación formal pero sobre todo inventiva e temática que se destaca é a dirixida á simetría. O autor expón o xeito no que a simetría organiza libros de poemas como A fraga prateada. Igualmente, destaca o seu interese polo perspectivismo (Informe da gavilla) e pola figura do receptor. Sinala, noutro plano, as lecturas que con maior claridade informaron a súa comprensión do literario. As de Borges, Valente, Kafka, Cavafis, Proust, Beckett, Broch, Faulkner, Handke e Bernhard. No eido do autorretrato fotográfico sinálase a atención prestada á produción de Dieter Appelt, Toto Frima, Ugo Mulas e Arno Minkkinen.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org