Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (1987)
"Unhas notas, unhas observacións: modestísima homenaxe a Tomás Barros"
En Luz Pozo Garza (dir.).
Nordés; "Homenaxe a Tomás Barros": 13; II Data, pp. 28.

Alonso Montero describe a Tomás Barros como poeta anti-xesticulante e comedido. Con respecto ao libro Berro diante da morte (1964) —que X. Alonso Montero ten como único escrito en galego polo poeta, esquecendo que publicara en Ediciós do Castro Abraio (1978)—, comenta que, aparte dalgúns versos sociais, predomina o conflito existencial en todo o poemario. Poeta serodio en galego, nótase, di, que non está instalado radicalmente nesta lingua. As súas grandes paixóns foron a poesía e a pintura. Comprometido co feito poético, fundou e dirixiu as revistas Aturuxo (1951) e Nordés (1975). Apunta que non gozou da atención dos lectores en galego, nin foi moi atendido en escolmas e comentarios, salvo excepcións. O autor lamenta non ter incluído o seu poema "Rosalía no meio de pobo" na súa recén editada Coroa poética para Rosalía de Castro (1985).

Bibliografía secundaria sobre:
Barros, Tomás; Aturuxo; pintura; antoloxías.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org