Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

A recensión propón interpretar o poemario como unha intensa indagación de xinea filosófica capaz de desvelar as problemáticas tramas dos diferentes procesos vitais polos que pasa a muller. Así, arredor do símbolo da mazá constrúese o conflicto entre nai e filla. Logo virá a relación de parella, metaforizada no coitelo envelenado que representan todos os perigos que rodean esa relación. Finalmente, a terceira parte do libro configúrase como un verdadeiro catálogo de velenos que, ao tempo, poden ser mediciñas ou armas secretas que posibiliten a subsistencia do eu poético.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org