AZROU, AMIGA TRISTE
Cando nace a lúa branca das vendimas
aló no meu país de lumes no Fisterra,
chego eu a Azrou, triste amiga montañesa
chantada no val fondo, ferida pola luz.
Coa noite van entrando ringleiras de homes.
Veñen do sur amargo e avantan lentamente,
están marcados todos coa negra cor da fame.
¿Quen labrou eses rostros?
¿Por que me acenan as súas mans de medo?
Azrou, pequena amiga, non volvas a ensinarmos,
dame a beber o sangue do corazón dun cedro,
abre os nimbos que pesan no alto deses montes
e que o poema recolla os labios dos amigos.
["Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (Dúas delas imperiais)". Grial: 94 (1986), 454-459]
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org